Saltar ao contido principal

Cómo sincronizar cartafol de WhatsApp con Google Drive

No cartafol de WhatsApp do móbil gárdanse moitos arquivos, que en moitos casos rematan por saturalo.

Para evitar este problema é posible mover ditos arquivos, se non os queremos perder, ao noso cartafol de Google Drive


1.- Abrir "Play Store"

2.- Buscar "Autosync for Google Drive" e pulsar no botón "Instalar"

3.- Cando remate a instalación pulsar o botón "Abrir"

4.- Pulsar a opción "Conectar a Google Drive" 



5.- A continuación escollemos a nosa conta de Google ou engadimos unha nova conta



6.- Temos que escoller a opción "Permitir" se queremos que Autosync teña acceso aos nosos arquivos



7.- Despois de que Google Drive esté conectada escollemos "Elixe Qué Sincronizar"


8.- amosarásenos a ligazón á Guía de usuario en lina e tamén a seguinte mensaxe:


9.- Temos que pulsar en "Permitir" se queremos que Autosync acceda aos arquivos do noso móbil



10.- A continuación escollemos qué cartafol queremos sincronizar coa opción "Permitirme crear a miña popia parella de cartafoles"


11.- Escollemos o cartafol remoto en Google Drive onde se gardarán os arquivos que gardaremos de WhatsApp


12.- escollemos "os meus arquivos"



13.-  escollemos a opción "...subir..."
(se queremos sincronizar todo Google Drive ao completo temos que actualizar á versión Pro (de pago))


14.- tecleamos o nome do cartafol onde se gardarán os nosos arquivos de WhatsApp
( por exemplo, WhastAppSincronizado)


15.- Pulsamos no botón "Seleccionar"


16.- A continuación escollemos o cartafol local ("Almacenamento Interno" do noso móbil)


17.- Se queremos sincronizar TODOS (audios, vídeos, imaxes, notas de audio, stickers, animacións) os arquivos de WhatsApp, escolleremos o cartafol "WhatsApp" e , a continuación, o cartafol "Media"
Se só temos interese en sincronizar os documentos escolleríamos o subcartafol "WhatsApp Documents"

Para sincronizar as fotos sacadas co noso móbil escolleríamos o cartafol DCIM

Para sincronizar as fotos almacenadas de Instagram, escolleríamos "Pictures", "Instagram"

Na versión gratuíta só temos permitido sincronizar 1 cartafol

Unha vez decidido o cartafol a sincronizar pulsamos en "Seleccionar"


18.- Na seguinte xanela escollemos o método de sincronización

         Escollendo a opción "Subir e despois eliminar" só deixaríamos 1 copia dos arquivos de WhatsApp no noso Google Drive

Todos os arquivos de WhatsApp almacenados no noso móbil serían borrados, liberando así espazo no móbil

Temos a posibilidade de escoller outros métodos de sincronización


19.- Na seguinte xanela pulsamos en "Gardar" para establecer as opcións finalmente escollidas

(Temos opcionalmente a posibilidade de excluír cartafoles, eliminar cartafoles baleiros)


20.- Temos que ter en conta que toda sincronización supón un consumo de datos móbiles, do que nos é avisado na seguinte xanela:


21.- Lembrar que a versión gratuíta amosa anuncios, como por exemplo o da seguinte xanela:

   (NON debemos pulsar no botón "Instalar" dos anuncios )   


22.- AutoSync amosaranos a data de última sincronización na lapela "Estado"



23.- Na lapela "Historial de Sincronización" temos a posibilidade de ver que arquivos non se sincronizaron, así que é recomendable revisar sempre ésta lapela


24.- Na lapela "Actualizar" vemos as opcións escollidas por nós e temos a posibilidade de actualizar á versión Pro (de pago))

25.- na seguinte xanela poderíamos escoller as opcións de pagamento:


26.- Cando desexemos ver os nosos arquivos de WhatsApp só teremos que abrir "Drive"


27.- Escollendo a opción "Arquivos" temos a posibilidade de ver e acceder ao cartafol cos arquivos de WhatsApp sincronizados


28.- Para acceder a DriveSync pulsaremos na seguinte icona:


29.- Na versión gratuíta temos nós que sincronizar manualmente pulsando o botón:



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Buscar por voz

utilizar os comandos de voz Para iniciar Voice Access di " Ok Google " ou pulsa uns 2 segundos o botón central (Inicio) para deter di " Detener escucha " ou " Gracias, Google ". Abrir abrir Gmail             abre WhatsApp (ou nome da APP desexada) Activar activar modo avión activar WiFi             encende wifi             sube o volume fai unha foto       faime un selfie     grava un vídeo Alarmas engadir alarma          engadir alarma para un día da semana engadir alarma para un día a unha hora                     desactivar alarma                  recordatorio            despértame mañá ás 9       pon conta atrás           Axenda ¿plans de mañá?           ¿próxima reunión?         crear evento         engadir na axenda crear nota     Chamadas chamar     chama a       Mensaxes enviar mensaxe         enviar mensaxe de WhatsApp         enviar correo electrónico envía mensaxe WhastApp a

APPs para persoas maiores

menú de accesibilidade Android           accesibilidade android 9 opcións de accesibilidade android Samsung punteiros Axustes / Accesibilidade / Tamaño da fonte Gboard - teclado con micrófono        dictado por voz Samsung teléfonos Doro activar modo simple Huawei             modo simplificado Samsung Nova Launcher Prime Amplificador de volume Lupa   recordatorio de medicamentos servizos de emerxencia recordatorio de medicamentos Radio APPS para practicar a memoria 13 aplicacións