Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2020

compartir imaxes ou vídeos por correo electrónico

  1.- Abrir o Explorardor de arquivos ( ou a Galería ) 2.- Escoller a lapela " Local " e a continuación seleccionar " Memoria Interna " (Se o móbil ten unha tarxeta externa e queremos compartir algo dela, entón  seleccionaremos " Memoria Externa " 3.- Abrir o cartafol " DCIM " 4.- Abrir o cartafol " Camera " 5.- escolle o arquivo (imaxe, vídeo) seleccionándoo. Se aguantamos dita selección durante 2 segundos permitirános seleccionar máis de unha imaxe (ou vídeo) para compartir á vez 6.- Pulsa en " Compartir "  7.- Escolle " Gmail " 8.- Na sección " Para " escribe o enderezo da conta de correo electrónico que será a destinataria da imaxe, e por último pulsa en " Enviar "    

Cómo sincronizar cartafol de WhatsApp con Google Drive

No cartafol de WhatsApp do móbil gárdanse moitos arquivos, que en moitos casos rematan por saturalo. Para evitar este problema é posible mover ditos arquivos, se non os queremos perder, ao noso cartafol de Google Drive 1.- Abrir " Play Stor e" 2.- Buscar " Autosync for Google Drive " e pulsar no botón "Instalar" 3.- Cando remate a instalación pulsar o botón  "Abrir" 4.- Pulsar a opción  "Conectar a Google Drive"  5.- A continuación escollemos a nosa conta de Google ou engadimos unha nova conta 6.- Temos que escoller a opción " Permitir " se queremos que Autosync teña acceso aos nosos arquivos 7.- Despois de que Google Drive esté conectada escollemos " Elixe Qué Sincronizar " 8.- amosarásenos a ligazón á Guía de usuario en lina e tamén a seguinte mensaxe: 9.- Temos que pulsar en " Permitir " se queremos que Autosync acceda aos arquivos