Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

Cómo sincronizar cartafol de WhatsApp con Google Drive

No cartafol de WhatsApp do móbil gárdanse moitos arquivos, que en moitos casos rematan por saturalo. Para evitar este problema é posible mover ditos arquivos, se non os queremos perder, ao noso cartafol de Google Drive 1.- Abrir " Play Stor e" 2.- Buscar " Autosync for Google Drive " e pulsar no botón "Instalar" 3.- Cando remate a instalación pulsar o botón  "Abrir" 4.- Pulsar a opción  "Conectar a Google Drive"  5.- A continuación escollemos a nosa conta de Google ou engadimos unha nova conta 6.- Temos que escoller a opción " Permitir " se queremos que Autosync teña acceso aos nosos arquivos 7.- Despois de que Google Drive esté conectada escollemos " Elixe Qué Sincronizar " 8.- amosarásenos a ligazón á Guía de usuario en lina e tamén a seguinte mensaxe: 9.- Temos que pulsar en " Permitir " se queremos que Autosync acceda aos arquivos