No cartafol de WhatsApp do móbil gárdanse moitos arquivos, que en moitos casos rematan por saturalo.
Para evitar este problema é posible mover ditos arquivos, se non os queremos perder, ao noso cartafol de Google Drive
1.- Abrir "Play Store"
29.- Na versión gratuíta temos nós que sincronizar manualmente pulsando o botón:
Para evitar este problema é posible mover ditos arquivos, se non os queremos perder, ao noso cartafol de Google Drive
1.- Abrir "Play Store"
2.- Buscar "Autosync for Google Drive" e pulsar no botón "Instalar"
3.- Cando remate a instalación pulsar o botón "Abrir"
4.- Pulsar a opción "Conectar a Google Drive"
5.- A continuación escollemos a nosa conta de Google ou engadimos unha nova conta
6.- Temos que escoller a opción "Permitir" se queremos que Autosync teña acceso aos nosos arquivos
7.- Despois de que Google Drive esté conectada escollemos "Elixe Qué Sincronizar"
8.- amosarásenos a ligazón á Guía de usuario en lina e tamén a seguinte mensaxe:
9.- Temos que pulsar en "Permitir" se queremos que Autosync acceda aos arquivos do noso móbil
10.- A continuación escollemos qué cartafol queremos sincronizar coa opción "Permitirme crear a miña popia parella de cartafoles"
11.- Escollemos o cartafol remoto en Google Drive onde se gardarán os arquivos que gardaremos de WhatsApp
12.- escollemos "os meus arquivos"
13.- escollemos a opción "...subir..."
(se queremos sincronizar todo Google Drive ao completo temos que actualizar á versión Pro (de pago))
14.- tecleamos o nome do cartafol onde se gardarán os nosos arquivos de WhatsApp
( por exemplo, WhastAppSincronizado)
15.- Pulsamos no botón "Seleccionar"
16.- A continuación escollemos o cartafol local ("Almacenamento Interno" do noso móbil)
17.- Se queremos sincronizar TODOS (audios, vídeos, imaxes, notas de audio, stickers, animacións) os arquivos de WhatsApp, escolleremos o cartafol "WhatsApp" e , a continuación, o cartafol "Media"
Se só temos interese en sincronizar os documentos escolleríamos o subcartafol "WhatsApp Documents"
Para sincronizar as fotos sacadas co noso móbil escolleríamos o cartafol DCIM
Para sincronizar as fotos almacenadas de Instagram, escolleríamos "Pictures", "Instagram"
Na versión gratuíta só temos permitido sincronizar 1 cartafol
Unha vez decidido o cartafol a sincronizar pulsamos en "Seleccionar"
18.- Na seguinte xanela escollemos o método de sincronización
Escollendo a opción "Subir e despois eliminar" só deixaríamos 1 copia dos arquivos de WhatsApp no noso Google Drive
Todos os arquivos de WhatsApp almacenados no noso móbil serían borrados, liberando así espazo no móbil
Temos a posibilidade de escoller outros métodos de sincronización
19.- Na seguinte xanela pulsamos en "Gardar" para establecer as opcións finalmente escollidas
(Temos opcionalmente a posibilidade de excluír cartafoles, eliminar cartafoles baleiros)
20.- Temos que ter en conta que toda sincronización supón un consumo de datos móbiles, do que nos é avisado na seguinte xanela:
21.- Lembrar que a versión gratuíta amosa anuncios, como por exemplo o da seguinte xanela:
(NON debemos pulsar no botón "Instalar" dos anuncios )
22.- AutoSync amosaranos a data de última sincronización na lapela "Estado"
23.- Na lapela "Historial de Sincronización" temos a posibilidade de ver que arquivos non se sincronizaron, así que é recomendable revisar sempre ésta lapela
24.- Na lapela "Actualizar" vemos as opcións escollidas por nós e temos a posibilidade de actualizar á versión Pro (de pago))
25.- na seguinte xanela poderíamos escoller as opcións de pagamento:
26.- Cando desexemos ver os nosos arquivos de WhatsApp só teremos que abrir "Drive"
27.- Escollendo a opción "Arquivos" temos a posibilidade de ver e acceder ao cartafol cos arquivos de WhatsApp sincronizados
28.- Para acceder a DriveSync pulsaremos na seguinte icona:
29.- Na versión gratuíta temos nós que sincronizar manualmente pulsando o botón:
Comentarios
Publicar un comentario